Actividades 8 de xuño PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Jueves, 23 de Mayo de 2013 22:07

Add this to your website

Para o vindeiro día 8 de xuño temos previstas as seguintes actividades:

Día 8 de Xuño: Visita aos órganos do Ribeiro e Homenaxe aos nosos Socios de Honra. Só para membros da asociación.

14.00: Comida de confraternización en San Clodio. Apuntarse antes de final de mes.

16.00h Visita ao órgano de San Clodio.

17.30 Visita ao órgano de  Santo Domingo de Rivadabia.

20.00 Visita á bodega de Vilerma; homenaxe aos nosos Socios de Honor (Dª Montserrat Torrent, D. Tomás Camacho e D. José Luis González Uriol, que intentarán asistir), e presentación do Logo Rato no Tubo, de D.Baldomero Moreira.

Independentemente de asistir ou non á comida, necesitaríamos que confirmarades asistencia á actividade, para dar razón en Vilerma do número de persoas que visitaremos a bodega. O desprazamento correrá por conta de cada un, pero, como sempre, podemos compartir vehículo se nos organizamos: quen necesite transporte, que se poña en contacto coa asociación.

Esperamos que as actividades sexan do voso interese e vos animedes a participar.

Última actualización el Jueves, 23 de Mayo de 2013 22:11
 
Joomla templates by a4joomla