Concerto de soprano e órgano PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Martes, 13 Maio 2014 08:52
There are no translations available.

O xoves día 15 de maio terá lugar un concerto de Soprano e Órgano organizado pola Asociación Cultural "Un rato no tubo".
En programa obras de Fauré, Pierné, Montsalvatge, Blancafort,Toldrá, Marcial do Adaíl, Franck, Dubois e M. G.Mendoza.
Dentro do programa haberá unha estrea absoluta da obra:
"Poema XLIV sobre un texto de G.A.Becquer: Como un libro aberto", da compositora María García Mendoza, profesora do Conservatorio de Ourense.
O concerto será ás 20.25 h da tarde e a entrada é libre.

Programa

Cartel do concerto

Última actualización feita o Martes, 13 Maio 2014 09:01
 
Información para o primeiro trimestre (modificación) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Domingo, 09 Febreiro 2014 22:39

INFORMACIÓN XERAL

Próxima actividade: Excursión a Oporto. Data: 29 de marzo, sábado. A actividade, organizada por Paulo Alvim, organista e profesor do Conservatorio de Porto, consiste nun concerto de órgano do alumnado de Ourense e Porto ás 12.30 (hora portuguesa) en Cedofeita

Pode asistir calqueira persoa, aínda que non pertenza á Asociación.

Inicialmente a planificación das actividades remata ás 18.00
A data límite de confirmación será o 14 de marzo. A pesares de non ser unha actividade organizada pola Asociación informámoslles tamén, por se é do seu interese, de que se celebrará un concerto de alumnado de órgano do Conservatorio de Ourense na Catedral de Santiago o día 22 de febreiro ás 20.45 h., con entrada libre.

Última actualización feita o Domingo, 09 Febreiro 2014 22:50
 
II Xornadas de órgano "Mariano Tafall" 2014 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Domingo, 09 Febreiro 2014 20:57

Semana do 14 ao 22 de febreiro do 2014.

Varios espazos. Entrada libre

"O Conservatorio Profesional de Santiago quere poñer en valor un instrumento marabilloso, que forma parte do valioso patrimonio galego, e especialmente da cidade de Santiago de Compostela.

Nestas xornadas queremos amosar o órgano desde distintas perspectivas: non so o escoitaremos, senón que realizaremos unha viaxe ao seu interior. As xornadas comezan cun Concerto Didáctico presentado por Marisol Mendive na Capella da Universidade, Concerto de Música Acordada e órgano solista, continúa con visitas guiadas aos órganos da Igrexa das Ánimas, Capella da Universidade e Catedral, conferencias por sobre o órgano por Miguel A. López e Fernando Buide e remata cun Concerto para órgano solo por alumnado do Conservatorio de Ourense. Todo elo compleméntase cunha Exposición fotográfica de órganos no CMUS de Santiago.

Colaboran: Vicerreitoria de Estudantes, Cultura e Formación contínua, Catedral de Santiago, Consorcio de Santiago, CMUS de Ourense, Asociación Cultural de Amigos do Órgano de Ourense Un rato no tubo, Marisol Mendive, Música Acordada, Coro de Amigos do CMUS, Coro de voces brancas do centro e EDLG."

Máis información aquí

Última actualización feita o Domingo, 09 Febreiro 2014 21:11
 
Información para o primeiro trimestre PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Martes, 04 Febreiro 2014 09:44

Estimados socios:

Comezamos 2014 con moitos plans e proxectos que lles comunicamos a continuación:

  • Lembrámoslles que a cuota da asociación (20 euros) non se domicilia, pois no banco a comisión por facelo é inasumible para a asociación. Poden aboala ingresándoa directamente no banco (Caixa Rural, IBAN ES81  3070 0043 04 6105540329) ou entregala a algunha das compoñentes da directiva.

  • Convocámoslles a unha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA que terá lugar o 14 de Marzo ás 20.45 en primeira convocatoria e ás 21.15 en segunda, cun único punto na orde do día:

    • Modificación dos estatutos.

      A proposta de modificación afecta aos estatutos en dous puntos:

      1.- Data da Asemblea Xeneral Ordinaria. Entendemos que a finais de ano, como se viña facendo, non é boa data, dada a asistencia tan escasa que acadamos nas últimas realizadas. As alternativas poden ser:

      - Incluíla nas Xornadas.

      - Convocala no mes de xaneiro do ano seguinte.

      - Outras opcións que podan xurdir por parte dos asistentes.

2.- Incorporación aos estatutos a figura da “Delegación”,   grupo vinculado á nosa asociación que funcione de xeito semi autónomo noutra área xeográfica, neste caso, recibimos a primeira solicitude dende A Coruña.

 

  • Próxima actividade: Excursión a Oporto. Data: 29 de marzo, sábado.

A actividade, organizada por Paulo Alvim, organista e profesor do Conservatorio de Porto, consiste nun concerto de órgano do alumnado de Ourense e Porto ás 12.30 (hora portuguesa) en Cedofeita, pechado aos socios de ambas asociacións, unha comida conxunta e unha visita ás bodegas. Inicialmente a planificación das actividades remata ás 18.00, intentaremos, non obstante, visitar algún órgano máis.

O desplazamento correrá, como sempre, por conta dos asistentes, mais sería oportuno encher os coches para aforrar todos: se alguén non ten xeito de desplazarse que se comunique con nós, e a quen lle sobren prazas, por favor, que faga o mesmo. A data límite de confirmación será o 14 de Marzo. Poden facelo mesmo na Asemblea.

Poderíamos ter a opción de quedarnos para o día seguinte, pero iso xa sería a nivel personal. De ser así continuaríamos coas visitas, a ser posible, de máis órganos ó día seguinte.

 

  • A pesares de non ser unha actividade organizada pola Asociación informámoslles tamén, por se é do seu interese, de que se celebrará un concerto de alumnado de órgano do Conservatorio de Ourense na Catedral de Santiago o día 22 de febreiro ás 20.45 h., con entrada libre.

 

Nada máis polo momento. Esperamos que as actividades propostas sexan do seu interese se animen a participar. Un saúdo.

Última actualización feita o Mércores, 05 Febreiro 2014 18:32
 
Vídeo "órganos en Galicia" PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Luns, 13 Xaneiro 2014 21:10

Reportaxe en "Dende Galicia para o mundo" sobre os nosos órganos (en dúas partes)

Primeira parte:

Segunda parte

Última actualización feita o Luns, 13 Xaneiro 2014 21:48
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 17
Joomla templates by a4joomla