Selección de fotos do Concerto de Órgano "Dúo Concertante a quattro" PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Martes, 03 Decembro 2013 09:58

Venres 29.XI.2013.
Selección de fotos do Concerto de Órgano "Dúo Concertante a quattro": Pablo Márquez Caraballo- Atsuko Takano. Ourense. Igrexa de Santa Eufemia, órgano Walcker,1913. Fotos Ana Nieto
Precioso concerto. Grazas aos dous.
Todos os que estivemos convosco e vos escoitamos, desexámosvos moito éxito no voso traballo.
A asociación agradece tamén o numeroso público que asistiu ao concerto.

 

Última actualización feita o Martes, 03 Decembro 2013 10:12
Ler máis...
 
Despois da mesa redonda "Bach atemporal" PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Martes, 03 Decembro 2013 09:33
Relatores: Mercedes Louzán, Fernando Buíde,
Moderadora:María GR-Mendoza.
Xoves 28-XI-2013
A Asociación Cultural "Un anaco non tubo"os dá as grazas polo voso esforzo e colaboración. Foi unha magnífica actividade.
Grazas tamén a todas as persoas que asistiron á mesa redonda.

Última actualización feita o Martes, 03 Decembro 2013 09:45
Ler máis...
 
Información sobre as Xornadas de órgano PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Domingo, 24 Novembro 2013 19:57

Ola a todos!!!
Aquí tedes a información das III Xornadas de órgano que organizamos dende a Asociación "Un rato no tubo".
Este ano centrámonos na figura de J.S. Bach.
O primeiro día proxectarase unha interesante película que detalla a viaxe que fixo Bach á cidade de Postdam, ao pazo de Federico II dePrusia (7-V-1747), tres anos antes de morrer. A película foi nomeada para o Oscar á mellor película de fala non inglesa. Tamén foi premiada nos Premios do Cine Suízo ao mellor actor de repartición e á mellor película. Ten unha duración de 95'.
O segundo día unha interesante mesa redonda para coñecer a influencia que tivo a música de J.S.Bach en compositores tanto clásicos e románticos coma contemporáneos. Non está dirixida a expertos, senón que se pretende un achegamento á súa obra e á súa figura.
E o terceiro día un concerto de órgano no órgano Walcker de Santa Eufemia. Construído en 1913, este ano celebramos o seu centenario.
Os organistas Pablo Márquez (Valencia) e Atsuko Takano (Xapón) interpretarán obras de Bach, así como do período romántico. Tamén interpretarán unha obra a catro mans e catro pés de G. Merkel.
Estades todos invitados! A entrada é libre e gratuíta.
Grazas e espero vervos.
Marisol M.

Última actualización feita o Domingo, 24 Novembro 2013 20:08
 
III Xornadas de órgano "Cidade de Ourense" PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Xoves, 21 Novembro 2013 20:17

Descargar cartel aquí

Última actualización feita o Xoves, 21 Novembro 2013 20:36
 
Unhas palabras da nosa presidenta PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Martes, 15 Outubro 2013 08:55

Queridos Socios e Socias;
Unhas breves palabras para darvos a benvida neste novo Curso que acaba de comezar.
Temos varios e atractivos plans, entre eles, as III Xornadas de Órgano "Cidade de Ourense", unha colaboración con Xunqueira de Ambía para participar no 25º aniversario do Ciclo de Órgano e Música Antiga e algunha viaxe a visitar órganos máis alá das nosas fronteiras (ben, moi pertiño das nosas fronteiras).
Para comezar con bo pie, temos ganas de vernos as caras de novo para estar un momentiño xuntos e pensamos repetir o Café-tertulia o día venres 18 de outubro no Liceo Ourensán ás 19.00 h da tarde.
Esperámosvos!
Un abrazo a todos.
Marisol

Última actualización feita o Sábado, 23 Novembro 2013 10:46
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 17
Joomla templates by a4joomla