Unhas palabras da nosa presidenta PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Martes, 15 Outubro 2013 08:55

Queridos Socios e Socias;
Unhas breves palabras para darvos a benvida neste novo Curso que acaba de comezar.
Temos varios e atractivos plans, entre eles, as III Xornadas de Órgano "Cidade de Ourense", unha colaboración con Xunqueira de Ambía para participar no 25º aniversario do Ciclo de Órgano e Música Antiga e algunha viaxe a visitar órganos máis alá das nosas fronteiras (ben, moi pertiño das nosas fronteiras).
Para comezar con bo pie, temos ganas de vernos as caras de novo para estar un momentiño xuntos e pensamos repetir o Café-tertulia o día venres 18 de outubro no Liceo Ourensán ás 19.00 h da tarde.
Esperámosvos!
Un abrazo a todos.
Marisol

Última actualización feita o Sábado, 23 Novembro 2013 10:46
 
24 Ciclo de Órgano e Música antiga en Xunqueira de Ambía PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Venres, 09 Agosto 2013 12:04

A pequena vila de Xunqueira de Ambía foi golpeada polo accidente ferroviario de Santiago de Compostela, perdendo a vida nel dúas mozas desta localidade. O Ciclo de örgano únese á dor das vítimas, e a música servirá de pequena homenaxe.

Programa Xunqueira 2013

Última actualización feita o Venres, 09 Agosto 2013 12:27
 
Concerto de órgano en Tui PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Venres, 12 Xullo 2013 09:12

A nosa presidenta, Marisol Mendive, dará un concerto de órgano na catedral de Tui o vindeiro día 18 de xullo, ás dez da noite. A entrada é libre.

Feliz verán a todos!

 
Inauguración do órgano de Vicálvaro PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Venres, 12 Xullo 2013 08:59

O pasado 29 de xuño inaugurouse o órgano de Santa María la Antigua de Vicálvaro, que está a ser restaurado coa colaboración dos veciños.

Triptico

Última actualización feita o Venres, 12 Xullo 2013 09:03
 
Actividade 8 de xuño (fotografías) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Martes, 18 Xuño 2013 12:24

O pasado 8 de xuño, os socios do Rato no Tubo participaron nunha xornada no Ribeiro.
Foi unha actividade na que se realizou unha homenaxe aos tres socios de honra da Asociación: D. Tomás Camacho, Dona Montserrat Torrent e José Luis González Uriol. Montserrat escusou a súa asistencia, pero agradeceu moito o convite.

A xornada comezou cun xantar, e tamén se aproveitou para visitar os órganos do mosteiro de San Clodio e da Igrexa de Santo Domingo de Ribadavia. O acto final tivo lugar na Adega de Vilerma, onde gozamos da hospitalidade dos seus propietarios, e entregouse un recordo a cada un dos socios de honra, realizado polo pintor celanovés Baldomero Moreiras.
Tamén se presentou o novo logo da asociación, creado polo mesmo pintor.

A continuación podedes ver unha escolma de fotografías da actividade:

Última actualización feita o Martes, 18 Xuño 2013 12:48
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 17
Joomla templates by a4joomla