Encontro 16 de febreiro PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Venres, 08 Febreiro 2013 16:44
ENCONTRO DE ALUMNOS DE ÓRGANO DOS CONSERVATORIOS DE OPORTO E OURENSE.

O Conservatorio de Música de Santiago de Compostela, xunto coa Asociación Cultural Amigos do Órgano "Un rato non tubo", Ourense, organizaron un concerto de órgano o sábado día 16 de febreiro, no que os alumnos de Órgano dos Conservatorios de Porto ( Portugal) e Ourense interpretarán obras do S. XVI ao S. XVIII.

Igrexa de San Paio de Ante-Altares ( Praza Quintana. Santiago de Compostela).
Sábado 16 de febreiro de 2013.

Entrada libre. 

PROGRAMA CONCERTO

S.Aguilera de Heredia (1561-1627)

Salve de primeiro tono por delasolre .
Julia Ammerman (CMUS Ourense)

P.Bruna (1611-1679)
Tiento en 2º tono por Gesolreut sobre a letanía da Virxe
Nuria Peláez (CMUS Ourense)

S. Aguilera de Heredia (1565-1627) 
Tento de registo baixo de 1º tono
Pedro Vilela ( Conservatorio Oporto)

A.Carreira (1520-1547)
Cançao a cuatro glosada
Adrián Regueira ( CMUS Ourense)

F. Correa de Arauxo (1575/80-1655)
Tiento de medio rexistro de baxón de 7º tono
Rúben Bárbara, Conservatorio Oporto

J.K.Krell (1627-1693)
Capriccio sopra il Cucu
Marta Barreiro ( CMUS Ourense)

P.Bruna (1611-1679)
Tiento de mano dereita
Nuno Ventura (Conservatorio Oporto)

J.B.Cabanilles(1644-1712) 
Tiento de Cheo
María García-Mendoza (CMUS Ourense)

J.B. Cabanilles(1644-1712)
Corrente italiana
Alejandra Escolante (CMUS Ourense)
 
Asembleas Anual e Extraordinaria PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Xoves, 06 Decembro 2012 19:52

O vindeiro 20 de decembro, ás 20h en primeira convocatoria e 20h 30 min en segunda, no Liceo Recreo Orensano, os socios/as de Un Rato No Tubo están convocados á asemblea anual e á asemblea extraordinaria.

Se son asociados/asociadas poden consultar a orde do día na seguinte ligazón.

Última actualización feita o Xoves, 06 Decembro 2012 19:59
 
Concerto de órgano de Edite Rocha PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Luns, 26 Novembro 2012 18:13

Dentro das II Xornadas de Órgano Cidade de Ourense, o vindeiro venres día 30 de novembro, ás 20:30 h, con entrada libre, no órgano da Igrexa de Santa Eufemia do Centro, a organista portuguesa Edite Roche interpretará un concerto co seguinte programa:

Luis de Freitas Branco

(1890-1955)

Duas Peças para Órgão:

I - Chant religieux portugais

II – Aria

Luiz Wetterlé

(1888-)

Pendant l’Offertoire (Allegretto)

 

Alberto Nepomuceno

(1864-1920)

Prelude et Fugue

Offertoire

Calimerio Soares

(1944-2011)

Toccata Breve (1980)

César Franck

(1822-1890)

Pastorale op. 19

Choral nº. 3

Currículum de Edite Rocha:

 

Última actualización feita o Venres, 01 Febreiro 2013 17:59
Ler máis...
 
II Xornadas de Órgano Cidade de Ourense PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Xoves, 22 Novembro 2012 15:53

Entre os días 28 e 30 de novembro de 2012 desenvolveranse as II Xornadas de Órgano Cidade de Ourense organizadas pola Asociación de Amigos del Órgano Un Rato No Tubo coa colaboración do Liceo Recreo Ourensán e da Parroquia de Santa Eufemia do Centro.

O 28 de novembro, ás 20:30 h, no Liceo Recreo Ourensán terá lugar o acto de Presentación das Xornadas e a inauguración da Exposición Fotográfica cuxo tema é o órgano e o seu mundo. Entrada libre.

O 29 de novembro, ás 20:30 h, no Liceo Recreo Ourensán realizarase un Encuentro coa organista Edite Rocha. Este acto será para socios/as de Un Rato No Tubo.

O 30 de novembro, ás 20:30 h, na Igrexa de Santa Eufemia do Centro, a organista Edite Rocha dará un concerto de órgano. A entrada a este acto será libre.

Estas Xornadas están organizadas pola Asociación Un Rato No Tubo sen contar con ningunha axuda económica pública oficial, es decir, grazas ás cuotas e colaboración dos seus asociados/as.

Cartel II Xornadas

Última actualización feita o Mércores, 28 Novembro 2012 15:12
 
A aula do CMUS de Ourense chamarase Aula Antonio Jaunsarás PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Sábado, 17 Novembro 2012 08:08

Informamos aos nosos asociados/as que o vindeiro 20 de novembro, ás 19:30 h, na aula de órgano do CMUS de Ourense terá lugar o acto de nomeamento da mesma como Aula Antonio Jaunsarás, organista da Catedral de Ourense desde 1919 ata 1957 e fundador da Coral de Ruada.

Con este propósito o CMUS, dentro da Semana Santa Icía 2012, organiza un acto coa participación de D. Ramón Estévez, Prefecto de Música da Catedral de Ourense, a Coral de Ruada, dirixida por Xoán Antón Vázquez Casas e a organista e profesora de órgano Soledad Mendive. A entrada a este acto é libre ata completar aforo.

Programa

19.30h

Conferencia a cargo de D. José Ramón Estévez. Prefecto de Música da Catedral de Ourense.

“Breve semblanza de D. Antonio Jaunsarás”

20.00h

Actuación da Coral de Ruada. Director: X.A. Vázquez Casas.

Programa

José Ramón Estévez Omnia in caritate
Antonio Jaunsarás
A cinta de namorare (Arm. A. Jaunsarás)
Airiños aires (Arm. A. Jaunsarás)
Cantiga 65 Alfonso X el Sabio: A crecer debemos (Arm. A. Jaunsarás)
Vin de ver ao Neno. (Arm. A. Jaunsarás)
A Belén vinde pastores (Arm. A. Jaunsarás)
Noite de Paz (Arm. A. Jaunsarás)
Adeste Fideles (Arm. A. Jaunsarás

Soledad Mendive. Órgano

J.S.Bach (1685-1750 Tocata e fuga en re menor BWV 56



20.30h.

Colocación da placa co nome da Antonio Jaunsarás.

Última actualización feita o Mércores, 21 Novembro 2012 00:24
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 17
Joomla templates by a4joomla