O concerto presentación. Algunhas imaxes PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Xoves, 17 Febreiro 2011 16:22

Temos catro testemuñas gráficas do Concerto-presentación da Asociación "Un rato no tubo" que se desenvolveu o pasado xoves 10 de febreiro.

A Asociación de Amigos do Órgano de Ourense "Un rato no tubo" quere agradecer a todo o público asistente a súa participación no acto de presentación e o seu interese amosado durante o mesmo. Tamén agradece as manifestacións de apoio que recibiu de numerosas persoas por diferentes medios.

 

Aspecto xeral do público esperando o remate do acto relixioso, antes de comezar o concerto.

 

Momento no que a presidenta, Marisol Mendive, realiza a presentación da Asociación.

 

Vista do público no templo.

 

Momento do concerto de órgano.

Última actualización feita o Xoves, 17 Febreiro 2011 16:35
 
¿Por qué asociarse? PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Venres, 04 Febreiro 2011 21:47

Asociarse a "Un rato no tubo" implica participar plenamente na consecución dos fins e obxectivos que a nosa asociación pretende conseguir.

As actividades nas que os socios/as poderán participar serán:

  • Conferencias nas que se proxectarán as partes do instrumento e o seu funcionamento.
  • Viaxes e roteiros culturais aos lugares onde se atopan os instrumentos para coñecelos “in situ” e visitar os enclaves artísticos (mosteiros, igresas, etc) nos que están situados. Non nos esqueceremos da gastronomía e folclore da zona.
  • Intercambios con outras asociacións nacionales e internacionais para coñecer outros instrumentos históricos de importancia cultural.
  • Visitas a talleres de Organería de España e Portugal para ver de primeira man a construción ou restauración dun órgano.
  • Concertos didácticos onde se expliquen a orixe das obras, os compositores e, a través de musicogramas sinxelos, a explicación da forma e como se desenvolve, así como a arte da rexistración empregada.
  • Ciclos de concertos de órgano nalgúns dos instrumentos más útiles da provincia con presencia de organistas nacionais e internacionais.
  • Concertos de órgano con outros instrumentos como: gaita, voz, trompeta, oboe, percusión...
  • Concertos didácticos para escolares nos que o alumnado interactúen co instrumento participando no concerto.
  • Crear un sitio web que facilite a comunicación e o intercambio de ideas, opinións e información entre os asociados e que sexa unha mostra da actividade da asociación.
  • Organización de cursos de iniciación e perfeccionamento de organistas.
Última actualización feita o Mércores, 09 Febreiro 2011 20:21
 
Asociación Cultural de Amigos do Órgano Un rato no tubo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Sábado, 22 Xaneiro 2011 15:55

A Asociación Cultural de Amigos do Órgano Un rato no tubo nace co propósito de converterse nun elemento dinamizador para a sensibilización da cidadanía en valores como a conservación, o coñecemento, a protección e a restauración do patrimonio organístico de Ourense.

Propoñémonos dar a coñecer o instrumento en si: o seu funcionamento, a súa evolución a través da historia; os principais compositores nacionais e internacionais, as formas musicais creadas para el, de onde veñen, como e con quen nacen. Coñecer os órganos da provincia, uns en activo e outros dos que só quedan restos, pero dentro do seu contexto artístico como un elemento patrimonial máis dentro do conxunto histórico e monumental.

Tamén pretendemos potenciar a interpretación e a audición da música de órgano, colaborar coa formación inicial e o perfeccionamento do organista e fomentar a creación de música contemporánea para órgano. A cooperación co profesorado de música, tanto de niveis obrigatorios como non obrigatorios, para conseguir unha formación musical o máis completa posible, é elemento salientable dentro dos obxectivos desta asociación.

No ano 2004, foi creada a especialidade de órgano no Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Grazas ao labor realizado pola profesora Marisol Mendive durante estes anos, un grupo de alumnos e alumnas e persoas interesadas no órgano e a súa música tomamos, en outubre de 2010, a decisión de dar un paso máis e de constituírnos en asociación cultural que nos permitirá, coa colaboración de todos, compartir estes fins e avanzar na súa consecución.

Última actualización feita o Domingo, 30 Xaneiro 2011 11:00
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 Seguinte > Final >>

Páxina 17 de 17
Joomla templates by a4joomla