Un rato no tubo
  • Español (España)
  • Galego

Inicio

Reportaxe visita a Padrón, Iria Flavia e a Escravitude

  • imprimir
Detalles
Escrito por Super User
Categoría: Viaxes culturais
Published: 03 Setembro 2023
Visitas: 2

O pasado sábado 6 de maio, con motivo do Día Internacional do Órgano, programouse desde a Asociación, unha viaxe para visitar tres órganos :

  • Padrón: visita ao órgano barroco do mosteiro do Carme (non soa).
  • Iria Flavia: visita á parroquia de Iria Flavia e o seu órgano barroco.
  • A Escravitude: visita ao órgano de tubos (non soa)

Tamén, dentro do programa do día, puidemos visitar a casa onde viviu Rosalía de Castro, en Padrón.

A viaxe resultou moi interesante xa que puidemos escoitar o fermoso Órgano da igrexa de Iria Flavia.

Tanto o órgano do convento do Carme como o da Escravitude, levan años abandonados, aínda que foi posible extraer algo de son debido a que funciona un chisco o mecanismo dos foles en ambos instrumentos.

Esta visita serviu para dar a coñecer o estado actual de tres preciosos instrumentos e denuncuar, de xeito cordial, o pésimo estado dos dous órganos que permanecen mudos.

 

  • Click to enlarge image FG02.jpg
  • Click to enlarge image FG03.jpg
  • Click to enlarge image FG04.jpg
  • Click to enlarge image FG05.jpg
  • Click to enlarge image FG06.jpg
  • Click to enlarge image IF01.jpg
  • Click to enlarge image IF02.jpg
  • Click to enlarge image OAE01.jpg
  • Click to enlarge image OAE02.jpg
  • Click to enlarge image OAE03.jpg
  • Click to enlarge image OAE04.jpg
  • Click to enlarge image OC01.jpg
  • Click to enlarge image OC02.jpg
  • Click to enlarge image OC03.jpg
  • Click to enlarge image OC04.jpg
  • Click to enlarge image OC05.jpg
  •  

Fotografías do concerto Olladas 23

  • imprimir
Detalles
Escrito por Super User
Categoría: Concertos
Published: 02 Setembro 2023
Visitas: 1

  • Click to enlarge image Olladas23_01.jpg
  • Click to enlarge image Olladas23_02.jpg
  • Click to enlarge image Olladas23_03.jpg
  • Click to enlarge image Olladas23_04.jpg
  • Click to enlarge image Olladas23_05.jpg
  •  

Concerto Proxecto Olladas 2023

  • imprimir
Detalles
Escrito por Super User
Categoría: Concertos
Published: 24 Mai 2023
Visitas: 30

O vindeiro venres 2 de xuño, ás 20 h, na Igrexa da Universidade, na Praza de Mazarelos - Santiago de Compostela, terá lugar un concerto de órgano titulado O son do ar, pertencente ao Proxecto Olladas 2023, organizado pola Asociación Un rato no tubo e a Universidade de Santiago de Compostela.

A entrada será de balde.

As organistas Irma Fernández Alonso, Julia Ammerman Yebra, Alejandra Escolante, Rosi Vicente Álvarez, Marisol Mendive Zabaldica e o organista Roque Márquez Rodríguez, interpretarán obras de Domenico Zipoli, Antonio Martín y Coll, Johan Kaspar Kerll, Sweelinck, Antonio de Cabezón, J.B. Cabanilles, Carlos Baguer e Anónimo do XVIII.

Cartel do concerto:

Programa do concerto:

 

 

 

Actividade Visita a Iria Flavia - Padrón - 6 de maio

  • imprimir
Detalles
Escrito por Super User
Categoría: Viaxes culturais
Published: 16 Abril 2023
Visitas: 46

Queridos amigos:

Na última asemblea xeral do 23 de febreiro, tomouse a decisión de retomar as viaxes para seguir coñecendo o patrimonio organistico de Galicia. En concreto falouse de ir a Padrón, lugar onde viviu os últimos anos da súa vida e faleceu Rosalía de Castro

Alí está o órgano da Igrexa de Iria Flavia, restaurado pola Fundación Fenosa e activo para a liturxia e para os concertos, e dous máis que non soan: o da Escravitude e o do convento da Carmen en Padrón. Ambos de estilo barroco.

Recentemente decatámonos de que desde Francia se impulsa como o día internacional do órgano de tubos o 6 de maio. Por ese motivo decidimos organizar ese día a excursión para coñecer ese tres instrumentos e tamén a casa de Rosalía.

Como xa fixemos outros anos cos órganos de Ribadavia, San Clodio... este ano volvemos facer unha denuncia amable do patrimonio esquecido e abandonado de dous órganos, á vez que gozamos doutro precioso órgano que si que soa, o de Iria Flavia.

O programa sería o seguinte:

PROGRAMA VIAXE ASOCIACIÓN RATONOTUBO

DATA:

Sábado día 6 de maio, día mundial do Órgano

Horario aproximado: de 11.00h a 19.00h

VISITAS:

Visitar os órganos de:

Pola mañá:

· Padrón: visita ao órgano barroco do mosteiro do Carme (non soa)

· Iria Flavia: visita á parroquia de Iria Flavia e ao seu órgano

· A Escravitude: visita ao órgano de tubos (non soa)

Pola tarde (aprox.16,30h)

· Visita á casa de Rosalía de Castro

VIAXE:

En coches particulares. Se alguén necesita coche, que nolo comunique e tentaremos organizar para ir en coches con outras persoas.

Comida:

1º opción: menú pechado de 15.00 € no restaurante do hotel Scala:

- Primeiro prato: ensaladilla rusa

- Segundo prato: polo asado

O prezo inclúe viños, auga e café. Non inclúe cervexas nin refrescos.

Menú infantil co mesmo prezo: Pizza e milanesa de polo con patacas.

2ª opción: tempo libre de 14.30h a 16.30h (aprox) para comer onde cada un queira.

Teléfono de contacto:

Marisol: 669 986 636

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Aberto o prazo até o martes 2 de maio

 

Órgano da Colexiata de Iria Flavia

Páxina 1 de 13

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • ...
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10

  • Vostede está aquí:  
  • Inicio

 

Main menu gl-ES

  • Inicio
  • A nosa asociación
  • Novas
  • Concertos
  • Viaxes culturais
  • Xornadas de órgano