Un rato no tubo
  • Español (España)
  • Galego

Inicio

Delfín Caseiro e Joam Trillo, socios de honra

  • imprimir
Detalles
Escrito por Super User
Categoría: Novas
Published: 19 Novembro 2018
Visitas: 643

O vindeiro xoves 22 de novembro, organizado pola Asociación Cultural amigos do Órgano “Un rato no tubo” (Ourense), terá lugar o nomeamento como socios de honra a D. Delfín Caseiro Nogueiras e D. Joam Trillo Pérez pola súa achega ao mundo da cultura e da música.

O acto celebrarase no Salón Nobre do Liceo de Ourense, C/ Lamas Carvajal 5 ás 20.00 h.

Esta actividade clausura as VIII Xornadas de Órgano Cidade de Ourense.

Desde o momento da súa creación, a Asociación Cultural de Amigos do órgano "Un rato no tubo ( Ourense), conta na súa relación como Socios de honra con:

Dona Montserrat Torrent, D. José Luis González Uriol, D. Tomás Camacho Muelas e D. Luís García-Mañá.

Entrada libre.

Delfín Caseiro Nogueira

Joam Trillo

Delfín Caseiro Nogueira Joam Trillo

Concerto de Saskia Roures

  • imprimir
Detalles
Escrito por Super User
Categoría: Concertos
Published: 25 Outubro 2018
Visitas: 518

 

VIII Xornadas de Órgano Cidade de Ourense 2018

Organizadas pola Asociación Cultural un rato no tubo. Ourense

Sábado 27 de outubro 2018

Organista: Saskia Roures.

Concertista  e Profesora do Conservatorio Superior de Música de Aragón

Igrexa de Santa Eufemia. C/Lamas Carvajal, 7. Ourense

En programa obras de Guridi, Torres, Reger, Dubois, Vierne e Franck

20.15h

Entrada libre

Charla-coloquio con Saskia Roures

  • imprimir
Detalles
Escrito por Super User
Categoría: Novas
Published: 17 Outubro 2018
Visitas: 449

O vindeiro venres, 26 de outubro, ás 18:15 h terá lugar no CMUS de Ourense, na aula Antonio Jaunsarás, unha charla-coloquio coa organista Saskia Roures, profesora de órgano do CSMA.

Esta actividade pertence ás VIII Xornadas de Órgano "Cidade de Ourense" organizadas pola asociación Un rato no tubo coa colaboración do CMUS de Ourense. Entrada libre.

 

VIII Xornadas de Órgano Cidade de Ourense

  • imprimir
Detalles
Escrito por Super User
Categoría: Xornadas de órgano
Published: 10 Outubro 2018
Visitas: 490

PROGRAMA

Venres 26 de outubro

Charla-conferencia de música antiga

Profesora: Saskia Roures, Conservatorio Superior de Música de Aragón.

Lugar: Aula de Órgano do Conservatorio de Ourense.

Hora: 18.15.

Entrada libre

 

Sábado 27 de outubro

Sesión Vermú Organístico:

Encontro con Saskia Roures e vermú na Cervexaría O Moucho con degustación de bebidas elaboradas na nosa comunidade e tapas.

Prezo: 5€ (socias e socios de balde).

Hora: 13.00.

 

Concerto de órgano: Saskia Roures. Profesora de Órgano CSMA.

Lugar: Igrexa de Santa Eufemia de Ourense.

Hora: 20.15.

Entrada libre.

 

Xoves 22 de novembro

Nomeamento de socios de honra: Delfín Caseiro e Joam Trillo.

Lugar: Salón Nobre do Liceo de Ourense.

Hora: 20.00.

Entrada libre.

***

Información:

Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Organiza e patrocina: Asociación Cultural de Amigos do órgano “Un rato no tubo” de Ourense.

Colaboran: Parroquia de Santa Eufemia, Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Liceo de Ourense, Adega Pousadoiro, Cervexaría O Moucho, Parque Náutico de Castrelo de Miño, Fundación Curros Enríquez, Concello de Celanova.

Páxina 5 de 11

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • ...
  • Vostede está aquí:  
  • Inicio

Main menu gl-ES

  • Inicio
  • A nosa asociación
  • Novas
  • Concertos
  • Viaxes culturais
  • Xornadas de órgano

Back to Top

© 2021 Un rato no tubo