Un rato no tubo
  • Español (España)
  • Galego

Inicio

Asemblea anual ordinaria

  • imprimir
Detalles
Escrito por Super User
Categoría: Novas
Published: 24 Xaneiro 2019
Visitas: 1063

A xunta directiva da Asociación Cultural de Amigos do Órgano “Un Rato No Tubo”, convoca a todos os seus asociados e asociadas, á Asemblea Anual Ordinaria, que terá lugar o día 30 de Xaneiro de 2019, ás 20.00 h. en primeira convocatoria, e ás 20.30 h. en segunda convocatoria, no Liceo de Ourense.

A orde do día é a seguinte:

  • Memoria anual.
  • Estado de contas.
  • Próximas actividades
  • Propostas dos socios. (Pregamos que se nos faga chegar calquera suxestión o proposta de actividades do seu interese se non puideran asisitir á asemblea).
  • Rogos e preguntas.

Agardamos a asistencia e participación.

Delfín Caseiro e Joam Trillo, socios de honra

  • imprimir
Detalles
Escrito por Super User
Categoría: Novas
Published: 19 Novembro 2018
Visitas: 1193

O vindeiro xoves 22 de novembro, organizado pola Asociación Cultural amigos do Órgano “Un rato no tubo” (Ourense), terá lugar o nomeamento como socios de honra a D. Delfín Caseiro Nogueiras e D. Joam Trillo Pérez pola súa achega ao mundo da cultura e da música.

O acto celebrarase no Salón Nobre do Liceo de Ourense, C/ Lamas Carvajal 5 ás 20.00 h.

Esta actividade clausura as VIII Xornadas de Órgano Cidade de Ourense.

Desde o momento da súa creación, a Asociación Cultural de Amigos do órgano "Un rato no tubo ( Ourense), conta na súa relación como Socios de honra con:

Dona Montserrat Torrent, D. José Luis González Uriol, D. Tomás Camacho Muelas e D. Luís García-Mañá.

Entrada libre.

Delfín Caseiro Nogueira

Joam Trillo

Delfín Caseiro Nogueira Joam Trillo

Concerto de Saskia Roures

  • imprimir
Detalles
Escrito por Super User
Categoría: Concertos
Published: 25 Outubro 2018
Visitas: 1129

 

VIII Xornadas de Órgano Cidade de Ourense 2018

Organizadas pola Asociación Cultural un rato no tubo. Ourense

Sábado 27 de outubro 2018

Organista: Saskia Roures.

Concertista  e Profesora do Conservatorio Superior de Música de Aragón

Igrexa de Santa Eufemia. C/Lamas Carvajal, 7. Ourense

En programa obras de Guridi, Torres, Reger, Dubois, Vierne e Franck

20.15h

Entrada libre

Charla-coloquio con Saskia Roures

  • imprimir
Detalles
Escrito por Super User
Categoría: Novas
Published: 17 Outubro 2018
Visitas: 989

O vindeiro venres, 26 de outubro, ás 18:15 h terá lugar no CMUS de Ourense, na aula Antonio Jaunsarás, unha charla-coloquio coa organista Saskia Roures, profesora de órgano do CSMA.

Esta actividade pertence ás VIII Xornadas de Órgano "Cidade de Ourense" organizadas pola asociación Un rato no tubo coa colaboración do CMUS de Ourense. Entrada libre.

 

Páxina 7 de 13

  • 2
  • 3
  • ...
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • ...
  • 11

  • Vostede está aquí:  
  • Inicio

 

Main menu gl-ES

  • Inicio
  • A nosa asociación
  • Novas
  • Concertos
  • Viaxes culturais
  • Xornadas de órgano