Inicio
Concerto de soprano e órgano
- Detalles
- Escrito por Super User
- Categoría: Concertos
- Visitas: 3509
O xoves día 15 de maio terá lugar un concerto de Soprano e Órgano organizado pola Asociación Cultural "Un rato no tubo".
En programa obras de Fauré, Pierné, Montsalvatge, Blancafort,Toldrá, Marcial do Adaíl, Franck, Dubois e M. G.Mendoza.
Dentro do programa haberá unha estrea absoluta da obra:
"Poema XLIV sobre un texto de G.A.Becquer: Como un libro aberto", da compositora María García Mendoza, profesora do Conservatorio de Ourense.
O concerto será ás 20.25 h da tarde e a entrada é libre.
Actividades 8 de xuño
- Detalles
- Escrito por Super User
- Categoría: Viaxes culturais
- Visitas: 4226
Para o vindeiro día 8 de xuño temos previstas as seguintes actividades:
Día 8 de Xuño: Visita aos órganos do Ribeiro e Homenaxe aos nosos Socios de Honra. Só para membros da asociación.
14.00: Comida de confraternización en San Clodio. Apuntarse antes de final de mes.
16.00h Visita ao órgano de San Clodio.
17.30 Visita ao órgano de Santo Domingo de Ribadavia.
20.00 Visita á bodega de Vilerma; homenaxe aos nosos Socios de Honor (Dª Montserrat Torrent, D. Tomás Camacho e D. José Luis González Uriol, que intentarán asistir), e presentación do Logo Rato no Tubo, de D.Baldomero Moreira.
Independentemente de asistir ou non á comida, necesitaríamos que confirmárades asistencia á actividade, para dar razón en Vilerma do número de persoas que visitaremos a bodega. O desprazamento correrá por conta de cada un, pero, como sempre, podemos compartir vehículo se nos organizamos: quen necesite transporte, que se poña en contacto coa asociación.
Esperamos que as actividades sexan do voso interese e vos animedes a participar.
Fotografías da actividade de febreiro en Santiago
- Detalles
- Escrito por Super User
- Categoría: Concertos
- Visitas: 1022
Na seguinte ligazón podedes atopar moitas fotos da actividade que fixemos en Santiago no mes de febreiro.
Foi un concerto de intercambio de alumnos de órgano, dos Conservatorios de Ourense e Oporto, dentro das primeiras Xornadas de örgano "Mariano Tafall", organizadas polo Conservatorio de Santiago de Compostela.
Concerto de órgano en Santa Eufemia
- Detalles
- Escrito por Super User
- Categoría: Concertos
- Visitas: 1025
Informámoslles da nosa próxima actividade: o órgano de Santa Eufemia
soará o 19 de abril ás 20.00 nas mans da organista (e nosa presidenta)
Marisol Mendive. Este será o programa:
E. Torres (1872-1934)
Oración
J.Rheimberger (1839-1901)
Pasacaglia en Mi menor
J.Broto (1921-2006)
Balada en eco.
C.Franck (1822-1890)
Coral nº 3 en la menor
M. Castillo (1930-2005)
Elevación
J.Guridi (1886-1961)
Tríptico del Buen Pastor
El rebaño
La oveja perdida
El Buen pastor
A entrada será libre.
Agardamos a súa asistencia e estamos seguros de que o concerto será do seu agrado.