- Detalles
- Escrito por Super User
- Categoría: Uncategorised
- Visitas: 35
Montserrat Torrent, socia de honra da nosa asociación, vén de recibir o Premio Nacional de Música/Interpretación de 2021 nun acto celebrado en Zaragoza e presidido por Súas Maxestades Os Reis de España, don Felipe e dona Letizia, o pasado 20 de febreiro de 2023.
O xurado destaca de Montserrat a súa "enorme capacidade de traballo que lle levou a abarcar ámbitos tan diversos como a interpretación, a investigación e a divulgación, sendo unha das intérpretes en activo máis lonxevas do mundo”. Ademais, destaca o seu labor como docente e a súa capacidade para crear unha escola que inspirou a novas xeracións de organistas durante décadas.
Queremos felicitar á nosa socia, a quen podemos considerar "fundadora" da asociación, xa que o seu excelente labor docente cristalizou no CMUS de Ourense da man da profesora Marisol Mendive, a nosa presidenta.
Estas fotografías dan fe do acto celebrado. Nelas, podemos ver a outro dos nosos socios de honra, o profesor e organista José Luis González Uriol, acompañando a Montserrat.