- Detalles
- Escrito por Super User
- Categoría: Concertos
- Visitas: 695
- Detalles
- Escrito por Super User
- Categoría: Concertos
- Visitas: 535
Este próximo sábado 9 de novembro, comezarán as IX Xornadas de Órgano Cidade de Ourense cun concerto na Parroquia de Fátima da cidade de Ourense.
O organista internacional Ignace Michiels, Titular do Órgano da Catedral de Bruxas, Bélxica, interpretará obras de Purcel, Bach, Mendelshonn, Bossi, Stamm e Dubois, Hollins e Ralph- Driffil.
Ignace Michiels é un gran interprete que con toda seguridade ofreceranos un concerto difícil de esquecer. O concerto será ás 20.00 h e a entrada é libre.
- Detalles
- Escrito por Super User
- Categoría: Concertos
- Visitas: 476
Nesta galería fotográfica, realizada por Ana Nieto, pódense apreciar momentos das actuacións das intérpretes durante o concerto Olladas femininas, organizado pola Asociación de Amigos do Órgano Un Rato No Tubo de Ourense.
- Detalles
- Escrito por Super User
- Categoría: Concertos
- Visitas: 647
O vindeiro venres, 26 de abril, ás 20:00 h, na Igrexa de Fátima, terá lugar un concerto de órgano baixo o título "Olladas femininas", organizado pola Asociación Cultural de Amigos do Órgano "Un rato no tubo" de Ourense. Colabora a Parroquia de Fátima. Entrada libre.
Tañerán o órgano de Fátima Irma Fernández, Mª José Mosquera, Marta Barreiro, Alejandra Escolante, Julia Ammerman, Nuria Peláez e Marisol Mendive, antigas alumnas graduadas en Órgano no Conservatorio de Ourense e a súa profesora, e que entre diversos traballos profesionais, exercen de organistas en Ourense, Pontevedra, Vigo, Coruña e León. Durante o concerto proxectaranse imaxes que reflicten a ollada de cada unha sobre as obras que interpretan.
- Detalles
- Escrito por Super User
- Categoría: Concertos
- Visitas: 534
VIII Xornadas de Órgano Cidade de Ourense 2018
Organizadas pola Asociación Cultural un rato no tubo. Ourense
Sábado 27 de outubro 2018
Organista: Saskia Roures.
Concertista e Profesora do Conservatorio Superior de Música de Aragón
Igrexa de Santa Eufemia. C/Lamas Carvajal, 7. Ourense
En programa obras de Guridi, Torres, Reger, Dubois, Vierne e Franck
20.15h
Entrada libre
Páxina 1 de 5