imprimir
Categoría: Concertos
Visitas: 578

O vindeiro venres, 26 de abril, ás 20:00 h, na Igrexa de Fátima, terá lugar un concerto de órgano baixo o título "Olladas femininas", organizado pola Asociación Cultural de Amigos do Órgano "Un rato no tubo" de Ourense. Colabora a Parroquia de Fátima. Entrada libre.

Tañerán o órgano de Fátima Irma FernándezMª José MosqueraMarta BarreiroAlejandra EscolanteJulia AmmermanNuria Peláez e Marisol Mendive, antigas alumnas graduadas en Órgano no Conservatorio de Ourense e a súa profesora, e que entre diversos traballos profesionais, exercen de organistas en Ourense, Pontevedra, Vigo, Coruña e León. Durante o concerto proxectaranse imaxes que reflicten a ollada de cada unha sobre as obras que interpretan.