imprimir
Categoría: Concertos
Visitas: 771

Este próximo sábado 9 de novembro, comezarán as IX Xornadas de Órgano Cidade de Ourense cun concerto na Parroquia de Fátima da cidade de Ourense.
O organista internacional Ignace Michiels, Titular do Órgano da Catedral de Bruxas, Bélxica, interpretará obras de Purcel, Bach, Mendelshonn, Bossi, Stamm e Dubois, Hollins e Ralph- Driffil.
Ignace Michiels é un gran interprete que con toda seguridade ofreceranos un concerto difícil de esquecer. O concerto será ás 20.00 h e a entrada é libre.