INFORMACIÓN XERAL

Próxima actividade: Excursión a Oporto. Data: 29 de marzo, sábado. A actividade, organizada por Paulo Alvim, organista e profesor do Conservatorio de Porto, consiste nun concerto de órgano do alumnado de Ourense e Porto ás 12.30 (hora portuguesa) en Cedofeita

Pode asistir calquera persoa, aínda que non pertenza á Asociación.

Inicialmente a planificación das actividades remata ás 18.00
A data límite de confirmación será o 14 de marzo. A pesares de non ser unha actividade organizada pola Asociación informámoslles tamén, por se é do seu interese, de que se celebrará un concerto de alumnado de órgano do Conservatorio de Ourense na Catedral de Santiago o día 22 de febreiro ás 20.45 h., con entrada libre.

Na seguinte ligazón podedes atopar moitas fotos da actividade que fixemos en Santiago no mes de febreiro.

Foi un concerto de intercambio de alumnos de órgano, dos Conservatorios de Ourense e Oporto, dentro das primeiras Xornadas de örgano "Mariano Tafall", organizadas polo Conservatorio de Santiago de Compostela.

cartel

Informámoslles da nosa próxima actividade: o órgano de Santa Eufemia
soará o 19 de abril ás 20.00 nas mans da organista (e nosa presidenta)
Marisol Mendive. Este será o programa:


E. Torres (1872-1934)
Oración

J.Rheimberger (1839-1901)
Pasacaglia en Mi menor

J.Broto (1921-2006)
Balada en eco.

C.Franck (1822-1890)
Coral nº 3 en la menor

M. Castillo (1930-2005)
Elevación

J.Guridi (1886-1961)
Tríptico del Buen Pastor

El rebaño
La oveja perdida
El Buen pastor

A entrada será libre.
Agardamos a súa asistencia e estamos seguros de que o concerto será do seu agrado.

O vindeiro venres 1 de marzo, festividade de San Rosendo, patrón da Vila de Celanova, terá lugar un concerto de Gregoriano e Órgano no coro alto do Mosteiro ás 18.30 h.
Os intérpretes son:
Schola Gregoriana Lucensis e Marisol Mendive: Órgano
A entrada é libre.

órgano Celanova

Programa:

 

CONCERTO DE GREGORIANO E ÓRGANO

Schola Gregoriana Lucensis

Marisol Mendive: Órgano

 

CORO ALTO MOSTEIRO DE SAN ROSENDO. CELANOVA

Venres 1 de Marzo 2013,

Hora: 18.30h.

Entrada libre

PROGRAMA

Schola Gregoriana Lucensis

Pezas gregorianas:

  • Adjuvabiteam ( Responsorio breve)
  • Victimae paschali
  • Ubi charitas
  • Rorate de caeli desuper
  • Salve Regina ( Solemne)

Marisol Mendive: Órgano

 

D. Buxtehude (1637-1707)

  • Ciacona en mi menor Bux 160

 

J.S.Bach ( 1685-1750)

  • Fuga en sol menor BWV 578
  • Coral: Ich ruf zu dir, Herr Jesu Christ BWV 639
  • Coral: Herr Christ, der einge Gottes-Sohn BWV 601

 

D. Buxtehude (1637-1707)

  • Praeludium Bux 149

 

 

Schola Gregoriana Lucensis

G. F. Haendel (1685-1759)

  • Canticorum lubilo

 

G. de Marzi (1958)

  • Signore delle Cime

 

G.Verdi (1813-1901)

  • Va pensiero ( Verdi Nabucco

 

J.S.Bach ( 1685-1750)

  • Tocata y fuga en re menor BWV 565
ENCONTRO DE ALUMNOS DE ÓRGANO DOS CONSERVATORIOS DE OPORTO E OURENSE.

O Conservatorio de Música de Santiago de Compostela, xunto coa Asociación Cultural Amigos do Órgano "Un rato non tubo", Ourense, organizaron un concerto de órgano o sábado día 16 de febreiro, no que os alumnos de Órgano dos Conservatorios de Porto ( Portugal) e Ourense interpretarán obras do S. XVI ao S. XVIII.

Igrexa de San Paio de Ante-Altares ( Praza Quintana. Santiago de Compostela).
Sábado 16 de febreiro de 2013.

Entrada libre.

PROGRAMA CONCERTO

S.Aguilera de Heredia (1561-1627)

Salve de primeiro tono por delasolre .
Julia Ammerman (CMUS Ourense)

P.Bruna (1611-1679)
Tiento en 2º tono por Gesolreut sobre a letanía da Virxe
Nuria Peláez (CMUS Ourense)

S. Aguilera de Heredia (1565-1627)
Tento de registo baixo de 1º tono
Pedro Vilela ( Conservatorio Oporto)

A.Carreira (1520-1547)
Cançao a cuatro glosada
Adrián Regueira ( CMUS Ourense)

F. Correa de Arauxo (1575/80-1655)
Tiento de medio rexistro de baxón de 7º tono
Rúben Bárbara, Conservatorio Oporto

J.K.Krell (1627-1693)
Capriccio sopra il Cucu
Marta Barreiro ( CMUS Ourense)

P.Bruna (1611-1679)
Tiento de mano dereita
Nuno Ventura (Conservatorio Oporto)

J.B.Cabanilles(1644-1712)
Tiento de Cheo
María García-Mendoza (CMUS Ourense)

J.B. Cabanilles(1644-1712)
Corrente italiana
Alejandra Escolante (CMUS Ourense)