O próximo día 28 de outubro, ás 20:15, terá lugar na Igrexa de Santa Eufemia un concerto de órgano a cargo de Juan de la Rubia, organista da Sagrada Familia de Barcelona. Podedes descargar o programa aquí.

Este concerto celébrase no marco das VII Xornadas de Órgano Cidade de Ourense

O próximo día 30 de abriil terá lugar un concerto de órgano na igrexa de Santa Eufemia, ás 20:15. (Ollo!¡hai un erro no cartel!).

Será un concerto a catro mans, interpretado por Marisol Mendive e Irma Fernández Alonso. Esperámosvos.

Podedes descargar o cartel, en formato pdf, aquí

cartel

A continuación podedes ver algunhas fotografías da estupenda viaxe a Braga, o pasado 16 de maio.

Informamos que o sábado 16 de maio terá lugar unha viaxe organizada pola nosa Asociación, visitando a cidade de Braga para coñecer algúns órganos da cidade; sobre todo, visitaranse os órganos do Coro da Catedral de Braga.
Dous instrumentos belos que non se visitan. Será pois unha ocasión única.
A data tope para apuntarse é o xoves 7 de maio, xa que é necesario saber o número de asistentes para a organización das visitas e a comida.
O transporte será por conta de cada un, aínda que se unificarán coches dispoñibles.
A comida será conxunta e irá tamén por conta de cada un.

A hora de inicio será ás 11.h (España), 10.00 en Portugal, e o punto de encontro confirmarase aos asistentes.
A actividade remata a media tarde.
Pódese comunicar a través do email da asociacion: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Tamén se pode pedir información chamando ao teléfono 669 986 636.
Será unha viaxe fantástica. Non cho perdas!!!

A continuación podedes ver algunhas fotografías do concerto de Mónica Melkova, o pasado 4 de decembro.

Vista xeral

Outra vista xeral (dende o coro)

Mónica Melkova

Mónica Melkova coa nosa presidenta