imprimir
Categoría: Novas
Visitas: 165

A Asociación cultural Un rato no tubo, quíxose unir ás actividades con motivo do 60º aniversario do Conservatorio profesional de música de Ourense, colaborando de forma activa e ilusionada no concerto do Quinteto de metais e órgano, ao que estades todos convidados.

Luns 6 de Marzo ás 20.15h, na Igrexa de Santa Eufemia de Ourense.

Grazas aos meus compañeiros do departamento de vento-metal do Conservatorio polo seu traballo e profesionalidade.

Grazas ao Conservatorio de música de Ourense , á Asociación Un rato no tubo, á igrexa de Santa Eufemia, e a D. Manuel Mera, o seu párroco.

Será precioso.

¡Esperámovos! (Ver programa)