imprimir
Categoría: Novas
Visitas: 838

O vindeiro venres, 26 de outubro, ás 18:15 h terá lugar no CMUS de Ourense, na aula Antonio Jaunsarás, unha charla-coloquio coa organista Saskia Roures, profesora de órgano do CSMA.

Esta actividade pertence ás VIII Xornadas de Órgano "Cidade de Ourense" organizadas pola asociación Un rato no tubo coa colaboración do CMUS de Ourense. Entrada libre.