imprimir
Categoría: Novas
Visitas: 585

O vindeiro xoves 22 de novembro, organizado pola Asociación Cultural amigos do Órgano “Un rato no tubo” (Ourense), terá lugar o nomeamento como socios de honra a D. Delfín Caseiro Nogueiras e D. Joam Trillo Pérez pola súa achega ao mundo da cultura e da música.

O acto celebrarase no Salón Nobre do Liceo de Ourense, C/ Lamas Carvajal 5 ás 20.00 h.

Esta actividade clausura as VIII Xornadas de Órgano Cidade de Ourense.

Desde o momento da súa creación, a Asociación Cultural de Amigos do órgano "Un rato no tubo ( Ourense), conta na súa relación como Socios de honra con:

Dona Montserrat Torrent, D. José Luis González Uriol, D. Tomás Camacho Muelas e D. Luís García-Mañá.

Entrada libre.

Delfín Caseiro Nogueira

Joam Trillo

Delfín Caseiro Nogueira Joam Trillo