Nova actividade: A música das esferas. Xunqueira de Ambía PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Martes, 24 Maio 2011 18:19

Add this to your website

A MÚSICA DAS ESFERAS

  • COLEXIATA DE SANTA MARÍA A REAL
  • XUNQUEIRA DE AMBÍA. (Ourense)
  • SÁBADO 11 DE XUÑO.
  • 20.00 h
  • Libre acceso á actividade

Pitágoras tiña un soño: a harmonía musical que rexía o movemento das estrelas, a harmonía das esferas, e este soño, permaneceu durante os séculos.

O mundo pitagórico semella unha caixa de música cósmica, que toca o mesmo preludio de Bach, de eternidade en eternidade.


PROGRAMA.

  • 20.00h. Encontro dos participantes na explanada de acceso á Colexiata.
  • 20.15h  Percorrido pola Colexiata e o Claustro románico a cargo de Mª Jesús Candau, catedrática de Xeografía e Historia e profesora de Arte no IES As Lagoas
  • 21.00h Conferencia – concerto de órgano a cargo de Juan Manuel Vázquez Vázquez, matemático e profesor de Música no IES Lamas Quendas (Chantada) e Marisol Mendive, profesora de órgano CMUS Ourense.
  • 22.00h Refrixerio no Claustro románico(*)
  • 22.30h Contemplación da música das esferas a través do firmamento a cargo de Alejandro Meira,  membro da Asociación  “Ourense astronómico”



(*) Cada un debe traerse o bocata.

COLABORA: Asociación Ourense astronómico

PATROCINAN:  Concello de Xunqueira de Ambía

Parroquia de Santa María de Xunqueira de Ambía

Viña Costeira

 

ASOCIACIÓN AMIGOS DO ÓRGANO “UN RATO NO TUBO”
c/ Celso Emilio Ferreiro 2,2º B
32004 Ourense

Contactar coa Asociación


Tfno 669 986 636

Última actualización feita o Venres, 03 Xuño 2011 15:08
 
Joomla templates by a4joomla