¿Por qué asociarse?
¿Por qué asociarse? PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Venres, 04 Febreiro 2011 21:47

Asociarse a "Un rato no tubo" implica participar plenamente na consecución dos fins e obxectivos que a nosa asociación pretende conseguir.

As actividades nas que os socios/as poderán participar serán:

  • Conferencias nas que se proxectarán as partes do instrumento e o seu funcionamento.
  • Viaxes e roteiros culturais aos lugares onde se atopan os instrumentos para coñecelos “in situ” e visitar os enclaves artísticos (mosteiros, igresas, etc) nos que están situados. Non nos esqueceremos da gastronomía e folclore da zona.
  • Intercambios con outras asociacións nacionales e internacionais para coñecer outros instrumentos históricos de importancia cultural.
  • Visitas a talleres de Organería de España e Portugal para ver de primeira man a construción ou restauración dun órgano.
  • Concertos didácticos onde se expliquen a orixe das obras, os compositores e, a través de musicogramas sinxelos, a explicación da forma e como se desenvolve, así como a arte da rexistración empregada.
  • Ciclos de concertos de órgano nalgúns dos instrumentos más útiles da provincia con presencia de organistas nacionais e internacionais.
  • Concertos de órgano con outros instrumentos como: gaita, voz, trompeta, oboe, percusión...
  • Concertos didácticos para escolares nos que o alumnado interactúen co instrumento participando no concerto.
  • Crear un sitio web que facilite a comunicación e o intercambio de ideas, opinións e información entre os asociados e que sexa unha mostra da actividade da asociación.
  • Organización de cursos de iniciación e perfeccionamento de organistas.
Última actualización feita o Mércores, 09 Febreiro 2011 20:21
 


Joomla templates by a4joomla