- Detalles
- Escrito por Super User
- Categoría: Viaxes culturais
- Visitas: 931
Como vén sendo habitual, no mes de xuño organizamos unha viaxe cultural para coñecer o patrimonio organístico da nosa terra. A excursión ofrećese aos socios/as, con descontos varios, e a público interesado.
Este ano, a viaxe desenvolverase o sábado 8 de xuño e os destinos serán Samos e Pedrafita do Cebreiro.
Saída: 9:30 h desde o Conservatorio Profesional de Música de Ourense.
11:30 h: visita guiada ao Mosteiro de Samos, claustro, pintura e órgano. Prezo da visita: 5 € . Socios/as: de balde.
14:30 h: comida no restaurante A Veiga (menú de 13 €, as escoller entre cinco primeiros e cinco segundos, sobremesa, café e bebida incluidos).
Pola tarde: visita a Pedrafita do Cebreiro e ao Órgano da Igrexa de Sta. María A Real (construido por Acitores).
18:00-18:30: saída para Ourense
20:00 - 20:30 h : chegada prevista a Ourense.
Para o desprazamento habería a posibilidade de contar cun autocar se somos un número mínimo de 19 persoas (18 € por persoa) ata 25 persoas (14 € por persoa). En caso de non xuntarnos o número requirido, o desprazamento sería en coche particular.
As persoas interesadas deben poñerse en contacto coa Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do venres 31 de maio, indicando se se prefire ou non a viaxe en autocar.
- Detalles
- Escrito por Super User
- Categoría: Viaxes culturais
- Visitas: 1109
A continuación podemos ver dos imágenes de los bellísimos órganos de la Catedral de Braga, que podremos conocer en nuestro próximo viaje. ¡No os lo perdais!
- Detalles
- Escrito por Super User
- Categoría: Viaxes culturais
- Visitas: 1018
O pasado 8 de xuño, os socios do Rato no Tubo participaron nunha xornada no Ribeiro.
Foi unha actividade na que se realizou unha homenaxe aos tres socios de honra da Asociación: D. Tomás Camacho, Dona Montserrat Torrent e José Luis González Uriol. Montserrat escusou a súa asistencia, pero agradeceu moito o convite.
A xornada comezou cun xantar, e tamén se aproveitou para visitar os órganos do mosteiro de San Clodio e da Igrexa de Santo Domingo de Ribadavia. O acto final tivo lugar na Adega de Vilerma, onde gozamos da hospitalidade dos seus propietarios, e entregouse un recordo a cada un dos socios de honra, realizado polo pintor celanovés Baldomero Moreiras.
Tamén se presentou o novo logo da asociación, creado polo mesmo pintor.
A continuación podedes ver unha escolma de fotografías da actividade:
- Detalles
- Escrito por Super User
- Categoría: Viaxes culturais
- Visitas: 4205
Para o vindeiro día 8 de xuño temos previstas as seguintes actividades:
Día 8 de Xuño: Visita aos órganos do Ribeiro e Homenaxe aos nosos Socios de Honra. Só para membros da asociación.
14.00: Comida de confraternización en San Clodio. Apuntarse antes de final de mes.
16.00h Visita ao órgano de San Clodio.
17.30 Visita ao órgano de Santo Domingo de Ribadavia.
20.00 Visita á bodega de Vilerma; homenaxe aos nosos Socios de Honor (Dª Montserrat Torrent, D. Tomás Camacho e D. José Luis González Uriol, que intentarán asistir), e presentación do Logo Rato no Tubo, de D.Baldomero Moreira.
Independentemente de asistir ou non á comida, necesitaríamos que confirmárades asistencia á actividade, para dar razón en Vilerma do número de persoas que visitaremos a bodega. O desprazamento correrá por conta de cada un, pero, como sempre, podemos compartir vehículo se nos organizamos: quen necesite transporte, que se poña en contacto coa asociación.
Esperamos que as actividades sexan do voso interese e vos animedes a participar.
- Detalles
- Escrito por Super User
- Categoría: Viaxes culturais
- Visitas: 1184
O pasado 24 de xuño a nosa asociación organizou unha visita aos órganos do Ribeiro. Os asistentes puidemos comprobar in situ o lamentable estado dos órganos desta bisbarra tan agarimosa. A visita rematou nas adegas Viña Costeira onde coñecimos as últimas tecnoloxías empregadas na elaboración dos caldos desta empresa que tanto colabora connosco.
Páxina 1 de 2