Durante o mes de novembro terán lugar as IX Xornadas de Órgano Cidade de Ourense, organizadas pola Asociación Cultural Amigos do Órgano "Un rato no tubo" de Ourense. Os actos previstos son os seguintes:

  • Día 9 de novembro: Concerto de Órgano de Ignace Michiels, organista da Catedral de Bruxas (Bélxica) no órgano da Igrexa de Fátima.
  • Día 21 de novembro: Conferencia "O Órgano de Celanova: música para todos" a cargo de profesoras de música e órgano pertencentes á asociación, no Liceo Recreo Ourensán.
  • Día 23 de novembro: IV Pequenas xornadas de órgano, na Igrexa do Mosteiro de San Salvador de Celenova.
  • Día 30 de novembro: Visita ao órgano da Igrexa de Santo Ángel (Ourense) e Vermoucho na cervexaría O Moucho.

Aquí, o cartel: